Campionato de España Junior CEI/CENYJ**

Con motivo da celebración do Campionato de España Junior en Pol-Lugo, os días 6/7 de abril do 2023 sobre a distancia de 120 Km. lembrámoslles que todos aqueles que queiran participar no equipo de Galicia, deberán de mandar a solicitude á Federación Hípica Galega antes do día 15 de marzo do 2023. 

Lembrámoslles aos posibles participantes que deben de clasificarse nun ou dous CEI/CEN* nos dous últimos anos para poder participar neste Campionato. 

Todos aqueles xinetes que formen parte do equipo galego, obedecerán e someteranse ás ordes de equipo ditadas polo xefe de equipo. No caso de desobedecer as ordes de equipo, ese xinete poderá ser retirado do equipo oficialmente e privado de subir ao pódium a recoller medallas no caso que se consigan. 

Xefes de equipo: Pilar Cortón e Geles Cortón

Unha vez revisadas as solicitudes, comunicaranse as axudas a entregar.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE