Campionato de España absoluto CEI***

Con motivo da celebración do Campionato de España Absoluto en Carmona-Sevilla, os días 20/23 de abril do 2023 sobre a distancia de 160 Km., lembrámoslles que todos aqueles que queiran participar no equipo de Galicia, deberán de mandar a solicitude á Federación Hípica Galega antes do día 15 de marzo do 2023. 

Lembrámoslles aos posibles participantes que deben de clasificarse en dous CEI** nos dous últimos anos para poder participar neste Campionato. 

Unha vez revisadas as solicitudes, comunicaranse as axudas para entregar.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE