Condicións de Participación en Probas de Ponis

Ampliación de prazo ao 1 de xaneiro de 2025 

Tras a aprobación en xaneiro das modificacións de Regulamentos para o ano 2023, entrou en vigor a nova redacción do artigo 8 do Regulamento de Ponis para Saltos relativo a condicións de participación nestes concursos, prevéndose que a partir do 1 de xaneiro de 2024 o tramo de idade dos deportistas en categoría de poni A e poni B, fóra reducido nun ano. 

Unha vez publicada a revisión do regulamento foron recibidas peticións razoadas para a extensión do prazo de entrada en vigor desta previsión polo prexuízo que se podía causar a aqueles deportistas que invertiron  recentemente en ponis coa previsión de mantelos en competición durante os próximos anos. 

Tendo en conta que o espírito da modificación é o impulsar o sector e activar a evolución dos nenos no deporte; e despois de analizar ditas solicitudes, a Comisión Delegada da RFHE aprobou a ampliación de data, prevista ata o 1 de xaneiro de 2025, en beneficio daqueles nenos que se atopan entrando na categoría, e que poderían ver truncadas a súa expectativas deportivas baseadas no investimento xa realizado.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE