Proceso de selección do equipo de Galicia para o Campionato de España de Raid Junior 2023

A vogalía de raid da Federación Hípica Galega comunica a todos os seus xinetes Junior que para estar seleccionados para o Campionato de España a disputar en Lugo os días 6 e 7 de abril, a parte das obrigadas clasificacións, necesitarán participar e terminar o raid de Brión (CEI*) en calquera das súas dúas categorías Absoluta ou Junior. Se obtén clasificación de Apto deberá asistir á concentración en Lugo, que tratará sobre o percorrido previsto para o Campionato de España, onde se fará un test veterinario a todos os cabalos que pasasen a proba de Brión. 

Por méritos deportivos e a súa medalla de Bronce do Campionato de España 2022, a amazona Dª Rocío Díaz Cortón, queda preseleccionada independentemente do resultado da primeira proba, debendo participar obrigatoriamente no test veterinario sobre o percorrido do Campionato.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE