A vogalía de Doma Clásica da Federación Hípica Galega convoca a todos
os clubs e deportistas interesados á reunión da planificación da próxima
tempada o vindeiro luns 12 de decembro ás 18:00 h. na Escola Galega de
Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, coa seguinte orde
do día:
1. Calendario competicións solicitadas.
2. Condicións dos CDT 0* - CDT1* para poder acceder ás axudas federativas.
3. Valoración deportiva da tempada 2022.
4. Modificación dos plans de formación.
5. Rogos e preguntas.
Obrigatorio confirmar asistencia antes do día 9 de decembro.