Información importante cabalos de competición 2023

Lembrámoslles que de cara ao próximo ano 2023 e co fin de continuar profundando na maior sistematización posible dos datos dos nosos cabalos federados e o seu control nas competicións, será necesario para aqueles cabalos que non dispoñan de Pasaporte FEI, a información relativa á súa Tarxeta de Validación Deportiva (TVD). 

No caso de que o seu cabalo dispoña de TVD deberá poñerse en contacto coa FHG fhgallega@fhgallega.com facilitándonos nome do cabalo, número de licenza, número de TVD e a data de emisión e vencemento da TVD. 

No caso de que o seu cabalo dispoña de Pasaporte FEI deberán poñerse en contacto coa RFHE inscripciones.concursos@rfhe.com  facilitándolle nome do cabalo, número de licenza nacional e número de Pasaporte FEI. 

A información solicitada establécese como requisito obrigatorio para as inscricións nos concursos.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE