Acordo Xunta Directiva para a ampliación temporal dos prazos de reforzo da vacina da influenza equina

O pasado 9 de setembro foi recibida comunicación por parte da Federación Ecuestre Internacional sobre a decisión tomada polo seu Board de ampliar os intervalos de reforzo da vacina contra a influenza equina de 6 a 12 meses desde o 1 de outubro de 2022 ata o 1 de abril do 2023, debido aos problemas de subministración de Boehringer Ingelheim, produtor clave de vacinas contra a enfermidade. 

Ante iso, e polas mesmas causas, a Xunta Directiva da Real Federación Hípica Española, a proposta da Comisión Veterinaria da RFHE acordou na súa reunión do 26 de setembro de 2022, a suspensión durante o mesmo período de tempo dos efectos do artigo 2.3 “Requirimentos Vacinación Influenza Equina”, do Regulamento Veterinario da RFHE, autorizando temporalmente como último reforzo vacinal o realizado durante os últimos 12 meses. 

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE