1ª publicación 19/09
Dada a necesidade de elaborar o calendario nacional e territorial de competicións para 2023, rogámoslles que nos envíen coa maior celeridade posible e antes do día 30 de novembro, os concursos nacionais e territoriais das diferentes disciplinas que teñan previsto realizar no próximo ano.
Só se terán en conta, para a obtención das axudas que a Federación Hípica Galega outorga, os concursos que sexan solicitados en prazo.
Como en anos anteriores, recordámoslles tamén que o prazo para as solicitudes de concursos para o Calendario Nacional de Competicións de 2023 na RFHE está xa aberto no seu sistema de xestión, para poder solicitar datas no sistema os C.O. deben ter abonada a chave do 2023. Dacordo có previsto no Regulamento Xeral, consideraranse solicitudes “en prazo” as que se reciban antes do 31 de outubro.