Doma Clásica 2022 - Galopes
Comunicado Doma Clásica
Desde a Vogalía de Doma Clásica da FHG infórmase que se fará unha moratoria ata o 31 de maio en relación co cumprimento da obrigatoriedade de estar en posesión dos galopes correspondentes para cada nivel.
A partir do 31 de maio será obrigatorio, sen excepción, ter os galopes necesarios co fin de poder clasificar para a final do Campionato Galego de Doma Clásica e da Copa de Galicia 2022.