O pasado sábado 30 de outubro, disputouse en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) o campionato de España Alevín, Infantil e Interautonomias.
Unha carreira que a priori, debería ser unha proba fácil, pensada para que os nenos de entre 12 e 18 anos a disfrutasen ao máximo poñendo fin á tempada 2021, truncou
Un total de 44 binomios tomaron a saída na proba de 60 kilómetros na que Galicia contaba coa representación dun combinado formado por Yara Iglesias (16), Olivia Gómez (13), Laura Nieves (13), Alejandro Brandariz (12) e Silas Barreira (12).
Os 63 km totais dividíronse en 3 fases de 20, 23 e 20 km cada unha. Os primeiros 20 km. fixeron presaxiar que a carreira ía estar moi disputada e ía ser dunha gran dureza. Os cabalos non recuperaban como era habitual, o vento azoutaba as árbores provocando unha excitación inusual nos cabalos e a choiva e o barro poñíano aínda máis difícil. As caídas e o cansazo provocaban a descualificación e a retirada dos binomios, pero os nosos representantes aguantaban o tipo.
Xa na segunda fase, Laura Nieves, demostrou que a súa idade non está rifada coa súa experiencia, e foi por iso que se deu conta que á súa montura o terreo e a climatoloxía estaba a pasarlle factura e que para evitar que “Século Alma” sufrise máis do necesario decidiu retirarse e deixar en mans dos seus compañeiros o resultado final.
Transcorridos os primeiros 43 km. o equipo galego continuaba pelexando de xeito conxunto polas medallas co equipo catalán e o anfitrión, o andaluz, a pesar dos moitos retirados e descualificados por non superar os exhaustivos controis veterinarios, os outros catro integrantes do combinado galego seguían en carreira.
A carreira non podía estar máis interesante, 8 binomios pelexaban polas 3 medallas individuais a falta duns poucos kilómetros. Finalmente, o equipo catalán acabouse alzando co ouro por equipos conseguindo tamén o ouro individual e prata individual seguidos por moi pouco do galego Silas Barreira montando a Scarlett que logrou o bronce.
Os outros representantes galegos conseguiron o 6º posto (Olivia Gómez con Viriato), 8º posto ( Yara Iglesias con Apolo) e 19º (Alejandro Brandariz con Vetonia).
Ao mesmo tempo, o cabalo Apolo JG montado por Yara Iglesias, conseguiu o 4º posto no Cto. de España de Cabalos Novos.
Por equipos Cataluña, que é o berce nacional deste deporte alzouse co Ouro, seguido moi de preto de Galicia e xa un pouco máis demorados os anfitrións, Andalucía.