Campionato Gallego 2021 HoseBall

O pasado sábado día 16 celebrouse no Club Hípico A Muralla o Campionato Gallego 2021 na categoría Senior, ademais de dous partidos de categorías sub 16 e sub 12. 

O primeiro partido enfrontou ao equipo Blanco, formado por Antia Otero, Laura Landesa, Luís Collazo e Cristina Rosales, contra o equipo Azul, formado por ValeriaAíras, Lara Crespo, Paula Lorenzo, Ezequiel Mera e Alejandro Alonso. A primeira parte foi moi igualada, chegando ao descanso cun resultado de 6-5 para o equipo Blanco, que na segundo metade non deu ningunha opción de remontada para os azuis, impoñéndose por un contundente 10-6. 

A categoría sub 12 deixounos un divertido partido no que o equipo amarelo impúxose ao equipo laranxa por 7 goles a 3. Para terminar a xornada os deportistas de categoría sub16 disputaron un partido moi igualado que acabou cun resultado de 6-5 para o equipo rosa sobre o equipo azul.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE