Comunicado Clubs - Campaña Vacinación Deporte Federado (12 anos cumpridos)

A Dirección Xeral de Saúde Pública e a Secretaría Xeral para o Deporte van a por en marcha unha campaña de vacinación no Deporte Galego, iniciándose co deporte federado, para a cal solicitan a nosa colaboración.

Os clubs podedes solicitarnos a Federación o modelo de formulario para que nolo fagades chegar coa información das persoas do voso club que estean pendentes de vacinación e que queiran vacinarse

Unha vez contemos con estes datos, convocaráselles por parte do SERGAS para a vacinación no lugar de referencia da súa área sanitaria. É importante que os datos de cada persoa veñan completos para axilizar os procesos. 

Co obxecto de concienciar á poboación galega sobre a importancia da vacinación, particularmente á mocidade, preténdese tamén organizar algún acto con deportistas. Hai que ter en conta que unha das medidas sanitarias que se están discutindo con Sanidade para que o Deporte Galego poida aproximarse á normalidade, é a vacinación.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE