Torneo Internacional de Horseball organizado pola FIHB

A última fin de semana de agosto disputouse un Torneo Internacional de Horseball organizado pola FIHB nas magníficas instalacións do centro de Alto Rendemento Hippos no municipio portugués de Golegã. 

A Federación Hípica Galega estivo moi presente, cun total de 22 xogadores do Club Hípico La Muralla. Presentáronse cinco equipos nas diferentes categorías cuns resultados fantásticos. 

En categoría sub 14, os mozos do club Redondelano conseguiron proclamarse campións, por diante dos portugueses de Quinta dá Figueira, os madrileños de Green Bay e os portugueses de Quinta dás Fontainhas. Estes novos xogadores debutaban nun torneo internacional e demostraron estar a un gran nivel. 

O equipo sub 16 non tería os mesmos resultados que os seus compañeiros pequenos, e tras non conseguir sumar ningunha vitoria ao seu marcador quedou na cuarta posición. Nesta categoría os portugueses do Club Vasco dá Gama obtiñan o primeiro posto, con Green Bay e Quinta dá Figueira completando o podio. 

En categoría feminina, as xogadoras adestradas por Alex Alonso mesturáronse esta vez coas mozas de Quinta dá Figueira para formar dous equipos, e acabaron ocupando a segunda e terceira posición por detrás do Club Vasco dá Gama. 

Para terminar, na Categoría Pro Elite o equipo da Muralla completárono dous xogadores portugueses, pero que complementaron á perfección aos galegos, xa que despois de tres partidos e un gran torneo alzábanse coa Copa de Campións.

Nas mencións individuais, Luís Collazo proclamouse máximo goleador da categoría Pro Elite e David Alonso foi nomeado adestrador do torneo.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE