En virtude de seguir fomentando e mellorando os aspectos do noso deporte, comprácenos informarvos do seguinte:
Acordo Intercambio Colaboración recíproca licenzas FHG e FEP
Todos os xinetes galegos que desexen tomar parte en competicións territoriais e nacionais en Portugal poderán beneficiarse do acordo establecido entre a Federación Ecuestre Portuguesa e a Federación Hípica Galega, en virtude do cal un xinete galego poderá obter a súa Licenza Federativa Nacional Portuguesa polo importe de 27 euros e a licenza dos seus cabalos sen custo algún. De igual modo, os xinetes portugueses poderán obter a súa Licenza Federativa Nacional Española polo mesmo importe de 27 € e así mesmo sen custo para as licenzas dos seus cabalos.
As licenzas deberán tramitarse segundo o procedemento establecido en cada federación. No caso dos xinetes portugueses deberán comunicar á Federación Hípica Galega os concursos nos que desexan participar, sempre dentro da Comunidade Autónoma Galega e ésta comunicarao á Real Federación Hípica Española, que facilitou e colabora na consecución deste acordo.