Modificacións no calendario de competicións FHG 2021

Informámosvos que tivemos que realizar varias modificacións de data no noso calendario oficial de competicións. Modificacións motivadas pola decisión tomada hai poucos días pola RFHE de situar o Campionato de España de Menores coincidindo co noso Campionato Galego de Saltos, (aprobado na Asemblea Xeral o 25 de marzo de 2021) e que afecta directa ou indirectamente aos concursos que se relacionan a continuación 

  • Derby RSDH Coruña: celebrarase o 21 de agosto
  • CSN Cemar Mondariz: celebrarase do 13 ao 15 de agosto
  • Campionato Galego de Doma: celebrarase do 20 ao 22 de agosto
  • Campionato Galego de Salto: celebrarase do 26 ao 29 de agosto
  • CCET Coton Country Club: celebrarase do 4 ao 5 de setembro 

Agradecemos a vosa comprensión ante estes cambios que, aínda sendo motivados por unha situación allea á nosa federación, lamentamos profundamente por todos os contratempos que vos poida ocasionar.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE