1 de xuño - Finaliza o protocolo de Rinoneumonitis

A través desta comunicación dirixímonos a todos vós para informarvos que, de acordo co previsto nas medidas aprobadas para a volta á competición tras o brote de rinoneumonitis do pasado mes de febreiro, a evolución favorable da situación confirmou a previsión realizada nesas medidas, de forma que as mesmas ceden con data do día de hoxe, 1 de xuño de 2021. Así foi ratificado pola Xunta Directiva da RFHE na súa reunión do día de onte.

Lembramos en todo caso a necesidade de ter sempre baixo supervisión veterinaria a saúde dos cabalos, así como de comunicar aos veterinarios calquera incidencia de saúde dos cabalos.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE