Aprazamento do reinicio da competición ata o día 12 de abril


Tras a decisión adoptada pola RFHE na tarde de onte, onde se nos comunica o aprazamento do reinicio da competición ata o día 12 de abril, a FHG adoptou a decisión de sumarse ao devandito aprazamento, considerando que o cumprimento completo da corentena aportará maior seguridade aos nosos cabalos e á actividade dos nosos clubs.

Por este motivo, comunícase o aprazamento das competicións territoriais previstas para os tres próximos fins de semana, para as que a FHG facilitará aos Comités Organizadores a elección de novas datas no calendario. Así mesmo, aínda que se manterán as convocatorias de exames de Galopes, estes deberanse levar a cabo sen desprazamentos de cabalos entre clubs ata a mesma data do 12 de abril.

Para acabar con este perigoso brote de Rinoneumonitis, que afortunadamente parece que está baixo control, rogamos a todos a máxima colaboración, evitando a mobilidade dos cabalos entre explotacións e mantendo unha vixilancia especial ante calquera síntoma nun cabalo, avisando o máis axiña posible ao seu veterinario.


PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE