Convocatoria de Subvencións a Clubs


Infórmase de o mércores 17.02.2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións a entidades deportivas para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de prevención e seguridade como consecuencia da COVID-19. As solicitudes poderanse presentar dende o xoves 18.02.2021  ata o mércores 17.03.2021.

Todas as entidades solicitantes poden optar ás dúas liñas de axuda (teñen que indicalo na propia solicitude no recadro correspondente).

Tal e como xa se indicara nun anterior correo, os méritos deportivos que se avaliarán para a LIÑA I (actividade), serán os da tempada 2019 ou 2018/19 (a anterior á da pandemia) para evitar a falta de méritos deportivos que se puidese dar pola paralización das ditas competicións no ano 2020. Non obstante, os gastos que poderán xustificar os beneficiarios corresponderán ao ano 2020.

Recórdese tamén que para esta LIÑA I haberá que  presentar os anexos III, IV, V, VI e VII (o anexo VI de “coñece o meu club” pode ser o do ano 2020 ou o xa presentado en 2019 (neste último caso non faría falta presentalo de novo, pero hai que indicar na solicitude que xa se presentou na convocatoria anterior).

Para valorar as solicitudes da LIÑA II (COVID-19), haberá que presentar o anexo VIII, no que a federación correspondente certificará o número de deportistas segundo as características que  se detallan no encabezado do propio anexo. Para esta LIÑA II os gastos a xustificar corresponderán ao período entre o 12.06.2020 e o 30.06.2021 (e polos conceptos recollidos no artigo 14 das bases).

Información dispoñible en:  https://deporte.xunta.gal/


PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE