Modelo de declaración responsable para deportistas federados xustificativa do seu desprazamento a emitir polo clube - aquí
Na declaración responsable para deportistas federados xustificativa de desprazamento, que emiten os clubs aos seus asociados, deben facer constar data e hora da cita e debe figurar obrigatoriamente que este salvoconducto permite o desprazamento a aqueles deportistas que se despracen con motivo de adestramento con vistas á participación nas competicións do calendario oficial da Federación Hípica Galega.
Recomendámoslles que estean pendentes dos comunicados que desde a Federación podamos emitir, a través de correo electrónico, web e RRSS. Calquera modificación do anteriormente exposto informaráselles o máis axiña posible.