Comunicado información actuación deporte federado - Covid 19

Ante a incerteza que están a causar as novas comunicacións respecto á pandemia do Covid-19, sirva o presente para informar que: 
·        A situación do Deporte Federado NON variou e deberán seguir actuando segundo o disposto no noso protocolo definitivo Covid-19 para adestramentos e competicións, publicado o 30 de outubro nesta web. 

·      Os Clubs deberán seguir emitindo aos seus asociados os salvoconductos para poder desprazarse polas zonas perimetradas, estes salvoconductos deberán ir acompañados da copia da licenza en dispositivo móbil ou impresa. 

Recomendámoslles que estean pendentes dos comunicados que desde a Federación podamos emitir, a través de correo electrónico, web e RRSS. Calquera modificación do anteriormente exposto informaráselles o máis axiña posible.
PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE