Durante o pasado fin de semana, os xinetes galegos de Saltos tiveron a oportunidade de participar nun seminario cuxo poñente foi José Manuel Sales Pons, popularmente coñecido como “El Cura”.
O veterano docente reuniu a 31 xinetes nas instalacións hípicas da Real Sociedade Deportiva Hípica da Coruña, situadas preto da capital galega, en Abegondo, nun seminario de tres xornadas (venres, sábado e domingo) que foi organizado pola Vogalía de Ensino en colaboración coa Vogalía de Saltos da Federación Hípica Galega.