O equipo galego feminino de horseball conseguiu a medalla de bronce da Liga Nacional de Horseball 2019/2020.
Despois de disputar as dez xornadas do campionato, o equipo galego conseguía quedar na terceira posición por diante dos dous equipos de Madrid e do equipo de Castela e León. As dúas primeiras posicións ocupáronas dous equipos Cataláns.
Este ano o equipo estivo formado por: Laura Landesa, Claudia Collazo, Inés Martínez, Cristina Rosales, Vanesa Carnero e Antia Otero. Adestradas polo portugués Antonio Soler Garcia e o galego Alejandro Alonso, que formaron tándem na dirección do equipo.
En categoría Mixta, Galicia non contou con equipo propio, pero os xogadores Luís Collazo e Alejandro Alonso participaron co equipo navarro de Iruña, ocupando a quinta praza na clasificación final.
Remata así a primeira Liga Nacional de Horseball que, tras o éxito deste novo formato de competición, xa se prepara o inicio da tempada 2020/2021 para o próximo mes de novembro, na que participarán dous equipos galegos máis en cada categoría.