Podio Campionato Galego de Ponis Doma e Copa Galicia Ponis 2020

Galeria fotográfica

A fin de semana 8 e 9 de agosto celebrouse a final do Campionato Galego de Doma Clásica de Ponis e a Copa de Galicia, coa participación de 30 binomios chegados desde distintos clubs da comunidade.

Nesta ocasión a sede de celebración desta final foi o Centro Ecuestre Finca Abrigosa, en Carral, A Coruña. A competición desenvolveuse cumprindo todos os protocolos das autoridades sanitarias, cumpríndose todas as medidas tanto por parte dos adestradores, deportistas, familiares e público.

O domingo, unha vez terminadas as segundas probas clasificatorias, procedeuse a proclamar aos campións do Campionato Galego nas categorías de Ponis A e B, do mesmo xeito que na Copa de Galicia nas categorías de Ponis A1, C1, D1 e D2.

Así as novas campionas galegas en Ponis A son Zoe Romero Loureiro con F. Skippy IV e en Ponis B Nahir Hernando Rey con Comanche.

Na Copa de Galicia as medallas de ouro en Ponis A1 foron para Valeria Sánchez Arias con F. Skippy IV, en Ponis C1 para Valentina Fernández Colmenero con Trasgo, en Ponis D1 para Valentina Fernández Colmenero con Chester e en Ponis D2 para India Miranda Baudot con Miguelín.

Esta competición será a última para os binomios que van participar como representantes da nosa Federación Hípica Galega no Campionato de España de Doma de Ponis.

Parabén ás novas campionas e como non a todos os participantes!

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE