Comunicado aos nosos federados en relación á volta á actividade deportiva

Ante o elevado número de consultas que estamos a recibir en relación á volta á actividade deportiva federada, da que informou o Presidente do Goberno mediante rolda de prensa o martes 28 de abril, dende a Federación Hípica Galega queremos ser prudentes e rogamos aos nosos federados que teñan paciencia xa que se trata dunha resolución suxeita a estudo. En canto dispoñamos de información veraz e contrastada do que realmente se poderá ou non facer, publicarémola.

Grazas a todos pola vosa comprensión

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE