LIÑA DE AVALES PARA FEDERACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS PARA FACER FRONTE AO IMPACTO DO COVID 19

O Goberno de España creou unha liña de Avales para as empresas e os autónomos, que se inclúe no Real decreto lei 8/2020 de medidas urxentes extraordinarias para afrontar o impacto económico e social do COVID-19.

Esta liña de Avales está destinada a garantir novos préstamos e renovacións dos concedidos por entidades financeiras ás empresas e os autónomos para satisfacer as necesidades de financiamento derivadas, entre outras, do pago de salarios, facturas, a necesidade de circulantes ou outras necesidades de liquidez , incluídos os derivados de vencemento de obrigas financeiras ou tributarias. A citada liña será xestionada polo Instituto Oficial de Crédito, en colaboración con entidades financeiras.

Dentro do MUNDO DEPORTIVO estas axudas están dirixidas a PYMES do sector e CLUBS E FEDERACIÓNS DEPORTIVAS como entidades sen ánimo de lucro; que poderán solicitalas sempre que cumpran os requisitos do citado Real decreto lei 8/2020.

Nota explicativa do Consello Superior de Deportes que detalla os aspectos técnicos máis relevantes desta medida.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE