COMUNICADO DIRIXIDO A CLUBS, SOCIEDADES E PROFESIONAIS DA FEDERACIÓN HÍPICA GALEGA

A FHG pon a disposición de todos os clubs federados e profesionais vinculados a nosa Federación, un servizo de asesoría xurídica onde poderán consultar as dúbidas relacionadas coa súa actividade profesional, problemas laborais e posibles axudas ás que acollerse con motivo da crise do Coronavirus.

A Federación correrá cos gastos da primeira consulta efectuada por cada profesional. Neste sentido hai que ter en conta que non se trata en ningún caso de consultas de carácter deportivo,  xa que debemos recordar que toda a actividade deportiva está absolutamente prohibida, se non de consultas relacionadas coa merma ou cese de actividade de negocios e profesionais.

Polo dito, poderán acollerse a este servizo de asesoramento os seguintes profesionais, que en calquer caso deberán cumprir o requisito de ter en vigor a súa licenza deportiva correspondente ao ano 2020: 

  • Sociedades ou clubs hípicos
  • Xinetes profesionais con ou sen asalariados ao seu cargo, veterinarios e centros veterinarios,  ferradores proveedores da FHG

CONSULTAS:  LAMA&ASOCIADOS ABOGADOS

LETRADO DELEGADO PARA XESTIÓNS COA FHG:  DANIEL ALVARIÑO HERAS

TELÉFONOS:  981 324 300  -  649 433 950

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE