MANTEMENTO DA SAUDE DOS CABALOS DURANTE O ESTADO DE ALARMA

A Real Federación Hípica Española, seguindo as directrices da Administración Central e co fin de manter a saude dos cabalos infórmanos dos seguintes puntos: 

  • A alimentación e o mantemento básico da saude dos cabalos será o primeiro obxetivo
  • Para elo será posible o movemento necesario dos cabalos que evite o prexuizo da súa saude
  • Este movemento será efectuado polo persoal habitual de mantemento das instalacións deportivas sempre que sexa viable, ou os seus propietarios no caso de que o anterior non sexa posible
  • Cualquer circulación de persoas a este fin estará ao disposto no Real Decreto 464/2020, de 14 de marzo, evitando todos os desprazamentos innecesarios
  • Asimesmo, deberán ser os Servizos Veterinarios ou de Saude Animal de cada Comunidad Autónoma quen, en coordinación cós centros ecuestres, concreten estos protocolos

A Federación Hípica Galega aconsella que sexa o persoal contratado ou os responsables das hípicas quén se encarguen da atención e procurar o  moderado exercicio dos cabalos.

Os cidadáns temos limitados os nosos movementos e en todo caso, será cada un a título particular quén terá que lograr unha autorización das autoridades veterinarias correspondentes si no seu clube non houbera persoal profesional para poder dar ese servizo. A Federación Hípica Galega, coa información coa que conta neste momento, non pode realizar ningún tipo de petición con carácter xeral neste sentido.


PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE