Como medida preventiva e seguindo as recomendacións recibidas en relación ao COVID-19, para evitar aglomeracións aprázanse as medicións previstas para o 14 Marzo en Galdo- Viveiro ata novo aviso.
Mediranse os cabalos que queran disputar as categorías de menos 150 serrada e menos 150 chapeada, que non teñan cumplidos os 8 anos de idade ou non teñan aún a medición definitiva.
Os cabalos que non teñan a medición deberán disputar as categorías de máis 150 serrada e máis 150 chapeada.
Si algún cabalo non poidera ser medido nesa data deberán porse en contacto coa Vogal de Andadura: Ana González Dapena a través do email fhgallega@fhgallega.com ou no teléfono 670441708.
PARA PODER MEDIR OS CABALOS:
1.-O cabalo debe de estar en bo estado de saude e non debe de estar baixo o efecto de ningún tipo de sustancia ou medicación.
2.-Debe de estar nunha superficie horizontal nivelada coas catro extremidades perfectamente aplomadas e coa cana de mans e pés totalmente verticais.
3.-A cabeza debe de estar nuna posición natural, por encima da altura da cruz e sen ninguna tensión do ramal que o suxeita.
4.-Non presentar signos de ciruxía na área da cruz.