1º Clinic iniciación Horseball

O domingo 23 de febreiro realizouse no Club Hípico Equus Orense, en Villamarín, o primeiro clinic de iniciación ao Horseball.

Có obxectivo de dar a coñecer e desenvolver a disciplina de Horseball, a Federación Hípica Gallega iniciou unha serie de clinics de iniciación, nos que se mostra a calquera clube interesado cómo é esta disciplina.

O primeiro dos clubs interesado foi o C.H. Equus Orense, donde se desenvolveu unha magnifica xornada de horseball dirixida polo Vogal desta disciplina na Federación Hípica Galega, David Alonso.

O clinic comezou cunha sesión teórica na que se explicaron as reglas do xogo e se desenvolveu brevemente o regulamento.

A continuación pasouse a facer un adestramento pé a terra, para poñer en coñecemento dos asistentes os movementos básicos de horseball e ter un primeiro contacto coa pelota.

Finalizamos a mañá cunha sesión práctica a cabalo, na que se realizaron os primeros pases a paso e a trote e se practicaron as primeiras ramassages (recoller a pelota do piso sen desmontar do cabalo)  e tiros a canasta.

Pola tarde realizouse unha sesión máis suave a pé e a continuación outra  a cabalo na que xa se comezou cos pases a galope e algunhas acción de ataque e defensa.

Esperamos que todos os asistentes disfrutaran e aprenderan e que pronto teñamos un equipo Equus Orense participando na nosa  Liga Gallega de Horseball.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE