Seminario tecnificación Horseball

O venres 21 e o sábado 22 de febreiro celebrouse no Club Hípico La Muralla o primeiro clinic de tecnificación de Horseball do ano 2020.

O obxectivo do mesmo era seguir traballando có grupo feminino galego de cara á participación na Liga Nacional de Horseball.

As participantes traballaron as ordes do actual Director deportivoe Seleccionador de Horseball, o portugués Antonio Soler García, axudado nesta ocasión polo adestrador do equipo Feminino de La Muralla, Alex Alonso. 

O clinic dividiuse nunha sesión de traballo pé a terra o venres pola tarde seguida de unha a cabalo na que se traballou a doma do cabalo de Horseball, con exercicios individuais para cada binomio.

O sábado realizouse unha sesión matinal a cabalo na que se traballaron tácticas e touches, facendo repaso das posicións no xogo e a misión da cada unha das posicións. Xa pola tarde púxose en práctica de xogo todo o practicado.

Despóis destas sesións, o mércores 26 de febreiro daranse a coñecer a lista das seis participantes que representarán a Galicia na sexta e séptima xornada da Liga Nacional que se celebrará no CECYL, Segovia, os próximos días 7 e 8 de marzo.


PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE