O próximo 8 de febreiro celebraremos en Palexco (Muelle de Trasatlánticos de A Coruña), a XXIV Gala Hípica Galega. Como é tradición, tódolos medallistas Galegos de 2019 estarán invitados, e no transcurso da mesma faranse entrega dos correspondentes diplomas e recoñecementos.
Rogamos ós galardoados de tódalas disciplinas de 2019 que confirmen a súa asistencia chamando ó 986 213 800 ou enviando un e-mail a fhgallega@fhgallega.com antes do 24 de xaneiro, para poder recibir a súa acreditación.
Poden comprobar AQUÍ a lista de galardoados invitados.
A Gala está aberta a tódolos federados, familiares e simpatizantes da nosa Federación que queiran asistir, e a súa praza reservarase ata completar aforo, en rigurosa orde de solicitude e unha vez confirmado o pago do cuberto.
DESENVOLVEMENTO DO ACTO
19:30 a 20:00 h. Benvida
20:00 a 21:15 h. Acto de entrega de diplomas e recoñecementos (Auditorio Arao)
21:30 a 23:00 h. Cóctel/Lunch (Sala Sotavento)
23:00 a --:-- h. DJ
RESERVAS:
Deberán ser remitidas a fhgallega@fhgallega.com indicando:
. RESERVA GALA HÍPICA 2020
.NOME E APELIDOS DA PERSOA OU PERSOAS POLAS QUE SE EFECTÚA A RESERVA
.Adxuntando copia do pago realizado na conta de ABANCA ES76 2080 3119 4630 4000 6254
Prezo por persoa (Acto e Coctail/lunch): Adultos: 35 € / Nen@s menores de 12 anos: 22 €
A Federación confirmará a reserva pola mesma vía, adxuntando unha acreditación nominativa persoal.
IMPORTANTE: Devolverase o importe pagado cando se comunique a imposibilidade de acudir á Gala, establecéndose como data límite o venres 31 de xaneiro ás 14:00 horas.
As acreditacións son persoales e intransferibles. Para o acceso será necesaria a presentación do DNI á azafata encargada da recepción dos asistentes.