Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6

Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas segundo os resultados deportivos que tiveras acadados durante o ano 2018 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores) e que a túa Federación Galega poida acreditarnos posteriormente á túa solicitude.

 

As devanditas bases desta convocatoria estarán á vosa disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.galdende mañá xoves 17, data na que comezará o prazo de presentación de solicitudes, rematando o vindeiro mércores 30 de outubro de 2019.

Observacións:

  1. Como nas edicións anteriores, ademais de manter a liña tradicional de presentación presencial en formato papel, poderás cursar a solicitude de axuda de forma telemática.Terás á túa disposición os formularios normalizados (anexos I e II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Poderás utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A (que estará dispoñible a partir de mañá, día 17 de outubro).
  2. Poderedes solicitar axuda todos/as aqueles/as deportistas que esteades ou estiverades recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas de Alto Nivel nalgún momento dos anos 2018 e/ou 2019(aínda que a día de hoxe non estea vixente o recoñecemento).
  3. Novidades:
  • Poderás presentar a solicitude en formato papel en calquera rexistro oficial polo que se poida achegar documentación ás Administración Públicas, tal e como se indica no apartado 5 das bases.
  • Deberás remitirnos unicamente cuberto o anexo I de Solicitude e, se fora o caso, o anexo II de Autorización de representación (menores de idade ou outros casos de representación legal).
  • Non será necesario que acudas á túa Federación Deportiva Galega correspondente para que te cubran o certificado de resultados, pois o mesmo seralles solicitado directamente por parte da Fundación Deporte Galego.

Para calquera dúbida, podes contactar co técnico deportivo responsable desta convocatoria, Luciano Díaz, no teléfono 881.996.375 ou no correo electrónico: luciano.diaz.martinez@xunta.gal

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE