Elaboración do Calendario Nacional e Territorial 2020

Dada a necesidade de elaborar o calendario nacional e territorial de competicións para 2020, rogámoslles que nos envíen coa maior celeridade posible e antes do día 30 de novembro, os concursos nacionais e territoriais das diferentes disciplinas que teñan previsto realizar no próximo ano.

Só se terán en conta, para a obtención das axudas que a Federación Hípica Galega outorga, os concursos que sexan solicitados en prazo.

Como en anos anteriores, recordámoslles tamén que o prazo para as solicitudes de concursos para o Calendario Nacional de Competicións de 2020 na RFHE está xa aberto no seu sistema de xestión, para poder solicitar datas no sistema os C.O. deben ter abonada a chave do 2020. Dacordo có previsto no Regulamento Xeral, consideraranse solicitudes “en prazo” as que se reciban antes do 1 de novembro as 23:59 h.

O calendario internacional pecha o 1 de outubro (só se pide á FEI as solicitudes q teñan pagado os dereitos do calendario FEI antes do 1 de outubro).


PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE