Deben enviar notificación de
desprazamento á conta de correo electrónico deporte.escolar@xunta.gal como
mínimo cunha seman de antelación ao inicio da viaxe. Todos os datos son
obrigatorios e deben ser inscritos nas casiñas sen sombrear.
Poden envialo en formato PDF pero debe vir obrigatoriamente tamén en formato
editable.
Achegarán tamén, no caso de que o evento non estea no
calendario da federación deportiva galega correspondente, a documentación
necesaria (certificado da federación ou similar) para facer constar qué federación organiza ou ampara o evento deportivo.
Non poden considerar notificado o desprazamento ata
que non reciban a certificación da mutua no seu correo.
Deben comprobar que todos os datos do certificado recibido son correctos.