CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DA FEDERACIÓN HÍPICA GALEGA

Grazas ao compromiso da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Federación Hípica Galega e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, desenvolveu unha moderna campaña contra á violencia de xénero dirixida á mocidade.

MARÍA HORSÉ E HORSE XAN, PROTAGONISTAS EQUINOS.

A campaña componse de dúas personaxes creadas especificamente para este fin chamadas María Horsé e Horse Xan que son representados por unha moza e un mozo con caretas de egua e cabalo.  Estes protagonistas, empregando unha linguaxe coloquial propia da mocidade actual, alertan sobre comportamentos que poden ser interpretados como naturais nunha relación adolescente, mais en realidade pertencen a unha relación de violencia de xénero.

ISTO TAMÉN É VIOLENCIA DE XÉNERO.

A violencia de xénero non comeza cos primeiros golpes, se non moito antes. Esta é unha mensaxe chave para as e os adolescentes, xa que a violencia psicolóxica, o control ou o illamento, temas nos que afonda á campaña, non sempre son identificados como violencia de xénero, por este motivo o hashtag da campaña é #IstoTaménÉViolenciaDeXénero.

A campaña ten presenza on-line nas redes sociais da Federación Hípica Galega (Facebook e Intagram) a través das 6 imaxes que compoñen os carteis que forman un mosaico que teñen significado individual, mais tamén en conxunto. No caso de Instagram tamén difúndese a través de stories con carteis de imaxes combinadas de María Horsé e Horse Xan. 

Ademais, a campaña tamén ten a súa adaptación a espazos deportivos propios da Federación Hípica Galega como son os Clubes Hípicos e as competicións e mostras. Todos os clubes que forman parte da Federación contan cos 6 carteis impresos en 47cmx47cm e unas instrucións para ser colocados coma un mosaico analóxico ao do Instagram. Os eventos contan cun estandarte e cunha carpa que, por unha banda, é un photocall para sacarse fotos, subilas a redes sociais e etiquetar á Federación Hípica


.
PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE