CASER ACCIDENTES - Procedemento en caso de sinistro no extranxeiro:
No caso de que non se poda acudir ao territorio nacional para ser atendido, a póliza funcionará como unha póliza de reembolso até 3.000€. Aboarase a factura e remitirase, xunto có informe médico a Caser ou a Correduría para o seu reembolso.
No caso de estar na fronteira ou próximos a ela é recomendable acudir a un dos centros concertados de Caser en España, pois o límite desaparece, non hai necesidade de adelantar ningún diñeiro e a prestación sanitaria normalmente é máis completa.
XOGADE - Procedemento en caso de sinistro no extranxeiro:
Deberán ser sempre notificadas as saidas do territorio nacional con anterioridade no correo listasport@mgc.es o nos teléfonos 902 888 989 ou 619 818 737, aportando o lugar e datas da competición e o nome completo de cada deportista, co seu identificador de Xogade. Ante un accidente, o protocolo segue sendo igual. Se non contactase coa aseguradora terán que aboar as facturas e solicitar o reembolso a posteriori. O máximo cuberto son 6.000€
CASER - Procedemento en caso de sinistro de responsabilidade civil no extranxeiro:
A póliza de responsabilidade civil ten responsabilidade en Europa. O protocolo en caso de sinistro é o mesmo que en calquer outro sinistro nacional xa que os sinistros de responsabilidade civil nunca son urxentes a nivel de cobertura. Isto implica un capital ilimitado en España e limitado a 3.000€ no extranxiero (o ámbito de cobertura é mundial).