Estimados Federados,
Velar polo benestar dos nosos cabalos é unha responsabilidade de todos, comezando pola propia federación e seguindo polos clubs, comités organizadores, xuíces e técnicos e por suposto os propietarios. A continuación podedes ver un recordatorio da obrigatoriedade da vacinación de Influenza e as pautas a seguir e vos recordamos que tan importante é una correcta vacinación como o seu adecuado reflexo na documentación dos nosos cabalos, para non ter problemas no acceso ás competicións Federadas.
OBRIGATORIEDADE DA VACINACIÓN CONTRA A INFLUENZA NA COMPETICION FEDERADA
De acordo ao Regulamento Veterinario da RFHE e a FEI, a vacinación contra a Influenza Equina ten carácter OBRIGATORIO en todas as disciplinas hípicas deportivas federadas.
A pauta de Obrigado cumprimiento é a seguinte:
- Primovacinación
- Revacinación entre os 21 a 90 días
- Revacinación cada 6 meses + 21 días.
Lembrámosvos que o incumprimento da norma federativa pode conlevar ademais da pertinente sanción do Delegado Federativo, a denegación do acceso do equino ao recinto deportivo e por tanto, a súa NON PARTICIPACION NA COMPETICION.
A recepción do pasaporte do cabalo para a verificación do seu status federativo e vacinal debe realizarse con carácter obrigatorio a chegada do animal as instalacións, previo ao comezo oficial da primeira Competición do Evento.
Tamén recordámosvos que un cabalo vacinado con intervalo inferior a 1 semana non pode acceder ao recinto deportivo nin competir, por motivos sanitarios.
A Vacinación do teu cabalo contra a Influenza Equina é a mellor das Prevencións para a súa Saúde e adecuado Rendemento Deportivo.
Información proporcionada pola FEI.
Grazas pola vosa atención.