XI edición do Open Internacional de Horseball Les Alforges

O pasado 19, 20 e 21 de abril celebrouso a XI edición do Open Internacional de Horseball Les Alforges, que nesta ocasión desenvolveuse nas instalacións do UCJU Sports Club en Madrid. 

A Federación Hípica Galega estivo representada por un nutrido grupo de xinetes e amazonas que participaron en tódalas categorías do torneo FIHB e da Copa Pavo.

A selección galega feminina, formada por Inés Martinez, Cristina Rosales, Laura Landesa, Claudia Collazo e Vanesa Carnero, proclamouse campiona en categoría femenina despóis de realizar un torneo brillante os tres días.

O equipo de La Muralla de Redondela foi sexto na categoría Pro Élite.

Paula Lorenzo foi cuarta có equipo dos Sharks de Madrid en categoría sub16.

Na Copa Pavo, que se celebrou paralelamente ao torneo FIHB, a nova Inés Lorenzo participou có equipo UCJC Sport Club en categoría sub10 clasificándose en cuarta posición e Amaro Gesto proclamouse campión da categoría Senior có equipo dos Sharks de Madrid.

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE