O pasado fin de semana correuse o Primeiro Raid “Hípica El Alazán” en Vigo. Un raid duro, dos de antes, pero moi ben xestionado polos xinetes que souberon imprimir o ritmo correspondente en cada tramo. Un percorrido moi bonito, entretido e moi técnico.
Boa organización, onde a atención recaeu sobre todo na primeira carreira de Ponis, onde participaron máis de 25 nenos de todas as idades facendo un percorrido de máis de 1,3 km. e que a todos os participantes se lles fixo moi curto. O próximo ano prometemos facer un máis longo para disfrute de todos.
Resultados do raid no Calendario.