A Comision Delegada da RFHE, acordou na reunion celebrada o pasado
10 de xullo a proposta da Federación Valenciana, có apoio da FHG, conxuntamente
coas Federacións de Murcia, Cataluña, Castilla la Mancha e Navarra, aprobar
a celebración da Copa de España Indoor de Enganches en Valencia, no Club D’Enganxes Vega de Valencia do 28 ao 30 de setembro, así mesmo
aprobou o cambio de formato da competición, pasando agora a ser unha
competición interautonómica con representación das Federacións Territoriais.
O regulamento xeral de Indoor de España, aprobouse igualmente, recollendo os cambios de formato da competición.