Ambas xornadas terán lugar no Club Hípico La Muralla en Redondela en xornadas de mañan e tarde.
Dito clinic é para xogador@s entre 13 e 21 anos (cumpridos en 2018) e ten como obxectivos fundamentais mellorar o nivel do Horseball tanto a nivel individual como de equipos e formar e ter unha canteira de xogadores para integrar as diversas seleccións nacionais de Horseball.
Para máis información pode dirixirse á Asociación Galega de Horseball a través do correo electrónico asocgalhorseball@gmail.com ou poñéndose en contacto co seu presidente Juan Landesa no 628092357