Nos próximos días informarase dos importes das licenzas para o ano 2020 (recordámosvos que non se aceptará ningún pago, para facer efectivo este trámite, antes do 1 de xaneiro) así como do novo protocolo de actuación que entrará en vigor o vindeiro 1 de xaneiro no caso de sinistro ou accidente.
O novo ano tráenos cambios na emisión da licenza federativa, coa intención de seguir mellorando na rapidez, xestión e o servizo cara os nosos federados, a licenza enviarase por email en arquivo .pdf. O propio federado poderá imprimila e/ou presentala a través do móvil nas ocasións nas que lle sea requerida.
¡Desexámosvos Boas Festas e un 2020 cheo de éxitos persoais e deportivos!