Gran éxito e alto nivel de participación no Curso de Xuíces Territoriais de Salto organizado polo Comité de Xuíces da Federación Hípica Galega e baixo a coordinación do Comité Técnico Nacional de Jueces (CTNJ) que convocaron o Curso para todos aqueles federados interesados en obter a titulación de Xuíz Territorial de Saltos. Tamén serviu para recuperar a situación de actividade de aqueles Xuíces Territoriais sen actuacións durante os dous últimos anos.