O pasado fin de semana disputáronse as última xornadas da Liga Galega de Horseball 2017, competición organizada pola Asociación Galega de Horseball e que conta coa colaboración da Federación Hípica Galega, na categoría ELITE/MITA.
Como resultado da mesma a clasificación final desta competiciónfoi a seguinte:
CABALEIROS DO SALNES – CAMPION |
CLUB HIPICO DE VIGO – SUBCAMPION |
MURALLA REDONDELA – TERCEIRO CLASIFICADO |
MURALLA ATLETICO – CUARTO CLASIFICADO |
Adxudicáronse tamén os premios individuais que corresponderon a:
- MELLOR BINOMIO: Pablo Cancela con DESEU
- XOGADOR REVELACION: Marcial Barros
- MAXIMO GOLEADOR: Laura Landesa
Na categoría FEMININA cuxos partidos finais xa se celebraran, a clasificación final foi a seguinte:
MURALLA – CAMPION |
CLUB HIPICO DE VIGO – SUBCAMPION |
CABALEIROS DO SALNES – TERCEIRO CLASIFICADO |
MURALLA ATLETICO – CUARTO CLASIFICADO |
Os premios individuais corresponderon a:
- MELLOR BINOMIO: Claudia Collazo con WOMAN
- XOGADORA REVELACION: Catalina Losada
- MAXIMA GOLEADORA: Laura Landesa
A entrega de premios contou coa presenza do Vicepresidente da Federación Hípica Galega, Don Enrique Sobral e do Alcalde de Portas, Don Victor Estévez.