Dende a Secretaría Xeral para o Deporte recordan que se inicia un novo prazo para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de xuño.
Procedemento:
1. Modelo de solicitude cuberto con tódolos datos do interesado/a, asinado na parte inferior esquerda polo deportista ou polo seu titor se é menor de idade.
2. Unha vez cuberto o modelo de solicitude, o presidente ou secretario da federación correspondente asina e sela dita solicitude.
3. A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2016.
4. Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
5. Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas, ou na
Escola Galega de Administración Pública, EGAP
Rúa Madrid 2-4 (2ª planta)- 15781 - Santiago de Compostela