23-03-2023
17-03-2023
Os últimos cabalos reciben luz verde para abandonar o Centro Ecuestre en Oliva.
Listos para o Spring MET IV
Nota informativa en relación coa saída dos últimos cabalos do MET en Oliva Nova
16-03-2023
A Real Federación Hípica Española e Oxer Sport asinan un acordo para reforzar e consolidar a LNS
13-03-2023
Finalización da modificación temporal da normativa veterinaria RFHE sobre a vacinación da influenza nos cabalos - 13 de marzo de 2023
10-03-2023
Aprazado - pendente data
Curso de Soporte Vital Básico (SVB) e Desfibrilación Externa Automática (DESA) dirixido a clubs federados.
08-03-2023
Club Organizador: Escuela de Equitación Los Porches
Datas: 20 ao 23 de xullo 2023
Requisitos de participación:
Para participar no Campionato Galego e Copa Galega de Saltos 2023 será necesario acreditar, en todas as categorías do Campionato e Copa, tres clasificacións cun máximo de 8 puntos en probas de altura similar á da súa inscrición en 2023, en concursos territoriais ou nacionais celebrados con posterioridade ao pasado campionato galego.
Quedan exentos desta obriga os participantes en Cabalos Novos e Copa de Ponis.
07-03-2023
Con motivo da celebración do Campionato de España Junior en Pol-Lugo, os días 6/7 de abril do 2023 sobre a distancia de 120 Km. lembrámoslles que todos aqueles que queiran participar no equipo de Galicia, deberán de mandar a solicitude á Federación Hípica Galega antes do día 15 de marzo do 2023.
07-03-2023
Decreto regulador – Web Xunta de Galicia
O prazo para remitir achegas/opinións abrese dende o 07/03/2023 ata o 22/03/2023
A forma de remitir achegas/opinións e vía electrónica a través do formulario habilitado nesa mesma páxina web.
28-02-2023
Con motivo da celebración do Campionato de España Absoluto en Carmona-Sevilla, os días 20/23 de abril do 2023 sobre a distancia de 160 Km., lembrámoslles que todos aqueles que queiran participar no equipo de Galicia, deberán de mandar a solicitude á Federación Hípica Galega antes do día 15 de marzo do 2023.
Lembrámoslles aos posibles participantes que deben de clasificarse en dous CEI** nos dous últimos anos para poder participar neste Campionato.
Unha vez revisadas as solicitudes, comunicaranse as axudas para entregar.
24-02-2023
23-02-2023
O Centro Hípico Casas Novas acollía esta fin de semana a primeira cualificativa do Trofeo Casas Novas. Por precaución e ante un novo brote detectado de rinoneumonits (EHV-1), o Comité Organizador ha decidido pospoñer a primeira cualificativa do trofeo.
Gardaranse as matrículas de todos os xinetes e amazonas rexistrados e a primeira cualificativa terá lugar a fin de semana do 25 e 26 de marzo.
21-02-2023
Ampliación de prazo ao 1 de xaneiro de 2025
Tras a aprobación en xaneiro das modificacións de Regulamentos para o ano 2023, entrou en vigor a nova redacción do artigo 8 do Regulamento de Ponis para Saltos relativo a condicións de participación nestes concursos, prevéndose que a partir do 1 de xaneiro de 2024 o tramo de idade dos deportistas en categoría de poni A e poni B, fóra reducido nun ano.
Unha vez publicada a revisión do regulamento foron recibidas peticións razoadas para a extensión do prazo de entrada en vigor desta previsión polo prexuízo que se podía causar a aqueles deportistas que invertiron recentemente en ponis coa previsión de mantelos en competición durante os próximos anos.
Tendo en conta que o espírito da modificación é o impulsar o sector e activar a evolución dos nenos no deporte; e despois de analizar ditas solicitudes, a Comisión Delegada da RFHE aprobou a ampliación de data, prevista ata o 1 de xaneiro de 2025, en beneficio daqueles nenos que se atopan entrando na categoría, e que poderían ver truncadas a súa expectativas deportivas baseadas no investimento xa realizado.
16-02-2023
Desde a vogalía de Raid da Federación Hípica Galega e con motivo das próximas celebracións de diferentes campionatos de España, comunicamos que só haberá subvencións para os campionatos de España absoluto a celebrar en Carmona.
14-02-2023
De acordo con as normas ditadas pola Comisión de raid para a participación dos xinetes junior no campionato de España a celebrar en Pol-Lugo, convócase a todos os xinetes Junior de Galicia ao adestramento xeral a celebrar o día 4 de Marzo en Pol-Lugo ás 9:30 a.m.
31-01-2023
Desde a Dirección Técnica do departamento de saltos de obstáculos da RFHE infórmannos sobre a estrutura e desenvolvemento dos Clinics de tecnificación deportiva, para as categorías de menores e xóvenes. O contido dos Clinics oriéntase á formación técnica de xinetes e adestradores para a Alta competición.
19-01-2023
Presentación oficial da III Liga de Salto Xogade 2023.
Data: Mañá, 20 de xaneiro ás 10:00
Lugar: Casa do Deporte (Fotógrafo Luís Ksado 17, Vigo)
16-01-2023
16-01-2023
Infórmase de que o venres 13.01.2023, publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria 2023 de subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas (código de procedemento PR945C).
O prazo de solicitudes comeza o sábado 14.01.2023, e remata o 13.02.2023.
21-12-2022
01-12-2022
A vogalía de Doma Clásica da Federación Hípica Galega convoca a todos
os clubs e deportistas interesados á reunión da planificación da próxima
tempada o vindeiro luns 12 de decembro ás 18:00 h. na Escola Galega de
Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, coa seguinte orde
do día:
29-11-2022
Lembrámoslles que de cara ao próximo ano 2023 e co fin de continuar profundando na maior sistematización posible dos datos dos nosos cabalos federados e o seu control nas competicións, será necesario para aqueles cabalos que non dispoñan de Pasaporte FEI, a información relativa á súa Tarxeta de Validación Deportiva (TVD).
13-11-2022
Comprácenos comunicarlles que a Federación Hípica Galega retoma a Gala Hípica na súa edición número 25.
A Gala Hípica Galega celebrarase o 26 de novembro de 2022 as 19:30 horas en PALEXCO (Palacio de Exposicións e Congresos) situado no peirao de transatlánticos da Coruña.
10-11-2022
1ª publicación 19/09
Dada a necesidade de elaborar o calendario nacional e territorial de competicións para 2023, rogámoslles que nos envíen coa maior celeridade posible e antes do día 30 de novembro, os concursos nacionais e territoriais das diferentes disciplinas que teñan previsto realizar no próximo ano.
Só se terán en conta, para a obtención das axudas que a Federación Hípica Galega outorga, os concursos que sexan solicitados en prazo.
Como en anos anteriores, recordámoslles tamén que o prazo para as solicitudes de concursos para o Calendario Nacional de Competicións de 2023 na RFHE está xa aberto no seu sistema de xestión, para poder solicitar datas no sistema os C.O. deben ter abonada a chave do 2023. Dacordo có previsto no Regulamento Xeral, consideraranse solicitudes “en prazo” as que se reciban antes do 31 de outubro.
10-11-2022
Convócase Asemblea Xeral Extraordinaria, a celebrar no domicilio social da Federación Hípica Galega, situado na Casa do Deporte na rúa Fotógrafo Luís Ksado, nº 17 de Vigo, o día 25 de novembro de 2022, ás dezaoito horas en primeira convocatoria e ás dezaoito trinta horas en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do día:
1º Elección Presidente Federación Hípica Galega.
2º Elección Comisión Delegada Federación Hípica Galega.
Lembrámoslle que non cabe representación nestes estamentos.
07-11-2022
Vigueses e viguesas de base en modalidades deportivas individuais
10-10-2022
O xinete galego Diego Ramos Maneiro conseguiu revalidar o seu título de Campión de España de Novos Xinetes nunha final a dúas mangas disputada por dez binomios na pista verde principal das instalacións hípicas de Montenmedio. Montando ao experimentado cabalo de quince anos ‘Texas de Trebompe’ (GinTonicStar x Loutano) sumou oito puntos na primeira manga. Con todo, as derribas foron unha constante neste percorrido, o que lle permitía afrontar a segunda manga entre os tres xinetes de cabeza, xunto a Ignacio Astolfi e Pilar Mateos de Urbina, todos eles con estes mesmos puntos no seu contador. Así, Ramos marcouse unha excelente segunda manga e conseguiu finalizar limpo, o que lle catapultou ao alto do podio.
10-10-2022
A Fundación Deporte Galego publicou o venres 07 de outubro no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2022, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DGAN 2022”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.
04-10-2022
Clasificacións da III Copa de Campións de Ponis a data 3 de outubro.
28-09-2022
27-09-2022
O pasado 9 de setembro foi recibida comunicación por parte da Federación Ecuestre Internacional sobre a decisión tomada polo seu Board de ampliar os intervalos de reforzo da vacina contra a influenza equina de 6 a 12 meses desde o 1 de outubro de 2022 ata o 1 de abril do 2023, debido aos problemas de subministración de Boehringer Ingelheim, produtor clave de vacinas contra a enfermidade.
Ante iso, e polas mesmas causas, a Xunta Directiva da Real Federación Hípica Española, a proposta da Comisión Veterinaria da RFHE acordou na súa reunión do 26 de setembro de 2022, a suspensión durante o mesmo período de tempo dos efectos do artigo 2.3 “Requirimentos Vacinación Influenza Equina”, do Regulamento Veterinario da RFHE, autorizando temporalmente como último reforzo vacinal o realizado durante os últimos 12 meses.
08-09-2022
19-08-2022
09-08-2022
Campionato España Menores - Salto de Obstáculos 2022
Datas: 31 de agosto ata o 4 de setembro de 2022
Categorías: Alevines, Infantiles y Xuveniles
Provincia: Asturias
Localidade: Club Hípico Astur
02-08-2022
12-07-2022
11-07-2022
06-07-2022
Equipo Español de Doma Adaptada- Paraecuestre para o Campionato do Mundo
30-06-2022
A Federación Hípica Galega, en colaboración coa Correduría de seguros Ramos Fraga pon ao dispor dos clubs hípicos Homologados e Federados pertencentes a esta federación un produto que esperamos sexa de gran utilidade para a promoción do noso deporte e dea unha boa cobertura ás actividades que se realizan de forma esporádica, como bautismos hípicos, roteiros ecuestres e campamentos, quedando totalmente excluídas as competicións deportivas, carreiras, clases, cursos organizados pola federación, demostracións realizadas por profesionais e calquera outra actividade non incluída nas 3 actividades indicadas.
28-06-2022
CONVOCATORIA ELECCIÓNS FEDERACIÓN HIPICA GALEGA
De acordo co calendario electoral, convocase Eleccións a Presidente, Asamblea Xeral e Comisión Delegada, publicándose con esta data no taboeiro de anuncios da Federación e na páxina web apartado Procesos Electorales.
O enderezo social da Xunta Electoral será, para todolos efectos, o mesmo que o desta Federación, na rúa Fotógrafo Luis Ksado, nº 17, oficina nº 5 de Vigo e o correo electrónico info@luciavazquezabogada.com
09-06-2022
O 29 de maio celebrouse un clinic patrocinado pola Federación Hípica Galega no Centro Hípico Haras de Compostela que dirixe Roberto Turnes, situado nas proximidades de Santiago, coa asistencia dunha vintena de xinetes.
O dictante foi o xinete olímpico Portugués Antonio Vozone, atopándose estas clases incluídas no Programa de Formación de jinetes, establecido pola Federación Hípica Galega.
08-06-2022
24-05-2022
Campionato España Ponis 2022
Datas: 20 ao 26 de Xuño de 2022
Categorías: DCTOESP / CCTOESP / SCTOESP
Provincia: Segovia
Localidade: Centro Ecuestre Castilla y León
10-05-2022
Instrucións relativas aos actos públicos e de presentación dos eventos deportivos federativos aos efectos de mellorar os canles e procedemento de comunicacións actuais.
29-04-2022
28-04-2022
27-04-2022
13-04-2022
13-04-2022
Implantación do novo sistema de comunicación telemático de partes de Responsabilidade Civil e de accidentes de Allianz. Ambos operativo na nosa páxina Web na pestana de "Seguros".
16-03-2022
Xestión de contactos estreitos Covid 19 no ámbito deportivo 10/03/2022
14-01-2022
31 de xaneiro: Convocatoria de Sesión Informativa sobre a actualización do Regulamento de Galopes para Federacións Autonómicas, Clubs e Técnicos.
30-12-2021
27-12-2021
Acuerdo de modificación del anexo III del Reglamento General adoptado por la pasada comisión delegada de nuestra asamblea - RFHE
04-11-2021
O pasado sábado 30 de outubro, disputouse en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) o campionato de España Alevín, Infantil e Interautonomias.
Unha carreira que a priori, debería ser unha proba fácil, pensada para que os nenos de entre 12 e 18 anos a disfrutasen ao máximo poñendo fin á tempada 2021, truncouse por culpa dun temporal que azoutou a península a fin de semana.
21-10-2021
O pasado sábado día 16 celebrouse no Club Hípico A Muralla o Campionato Gallego 2021 na categoría Senior, ademais de dous partidos de categorías sub 16 e sub 12.
13-10-2021
O galego Diego Ramos Maneiro e “ Texas de Trebompe” volveron demostrar o seu rendemento baixo presión. O percorrido do xinete coruñés foi unha exhibición de serenidade, non exento de emoción, dando como resultado un merecido triunfo co que amplía o seu palmarés no seu primeiro ano na categoría de Novo Xinete.
Parabén Diego!
20-07-2021
En virtude de seguir fomentando e mellorando os aspectos do noso deporte, comprácenos informarvos do seguinte:
Acordo Intercambio Colaboración recíproca licenzas FHG e FEP
28-06-2021
Parabén a todos os xinetes, pais, adestradores, clubs e xefes de equipo polo voso gran traballo no Campionato de España de ponis de doma e salto 2021 celebrando en CECYL esta fin de semana.
O noso recoñecemento ao voso gran esforzo, grazas a vós fomos a delegación máis nutrida e completa do mundo do poni e con todos vós e o voso gran empeño e actitude seguimos avanzando e crecendo.
10-02-2020