Curso online europeo Sports Club for Health (SCforH)

Desde a área de Relacións Institucionais do CSD fannos chegar esta oferta formativa sobre os “ Sports Club for Health” (SCforH). www.scforh.info

Trátase dun curso en liña  https://course.scforh.info/ que se ofrece para dar difusión desta iniciativa no sector do deporte nacional. Con este curso de aprendizaxe en liña de SCforH. aprenderase como aplicar o enfoque SCforH nunha organización ou club deportivo. O contido do curso foi desenvolto por un equipo internacional de expertos no campo da promoción da saúde e os deportes. O seu desenvolvemento contou co apoio da Comisión Europea, Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural.

•O curso consta de 7 unidades curtas. Tomará ao redor de 20-30 minutos completar o curso.

•Estas unidades inclúen vídeos educativos, infografías descargables, materiais textuais e cuestionarios. Proporcionaranse ligazóns a materiais externos para aqueles que desexen aprender máis acerca de temas específicos.

•Logo de completar o curso recibirá un Certificado de Culminación.

•Neste curso utilízase a frase Organización (ons) deportiva (s) para referirse tanto a clubs deportivos como ás asociacións deportivas, excepto cando se refiren especificamente a un ou outro.
PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE