Curso Valores e Xogo Limpo en Aula Virtual da AEPSAD

Iniciativa da Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte.

Desde esta semana teñen aberto na aula Virtual o curso Valores e Xogo Limpo. Curso novedoso e que trata dun tema importante, os valores a través da práctica deportiva.

Dito curso é como o curso de dopaxe, do que xa se informou durante estas semanas, gratuíto e automatriculable.

Que lle diferencia dos cursos anteriores? Que fala sobre un tema importante, os VALORES que o deporte nos transmite, que poden chegar a influír no resto das nosas vidas, mesmo cando xa non nos sintamos inmersos dentro do mesmo.

Tamén haberá algo relacionado coa dopaxe, como era de esperar, xa que se fala dos aspectos psicolóxicos que poden influír que nalgún momento o deportista poida acabar caendo en “facer trampas”.

Link do curso

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE