Xornada educativa antidopaxe que se desenvolverá en liña o vindeiro día 5 de maio de 2021 de 16.30 a 19.30 h.

A xornada estará organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte (AEPSAD), en colaboración coa UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas).

Enfocada a coñecer o novo Código Mundial Antidopaxe e os estándares internacionais de educación que entraron en vigor no ano 2021, os contidos a desenvolver, serán: valores e xogo limpo, conceptos xerais de dopaxe, aspectos psicolóxicos da dopaxe. 

Para a inscrición e matriculación:

1.- REXISTRO:

Entrar na Aula virtual da Escola Galega do Deporte à https://www.edu.xunta.gal/centros/escolagalegadeporte/aulavirtual/login/index.php 

(Si é a túa primeira vez nesta aula deberás crear unha conta)

 
2.- INSCRIPCIÓN NA XORNADA:

Matricúlate na xornada educativa antidopaxe introducindo a chave de matrícula dopaxe2021

A data de matrícula remata ás 00.00 horas do domingo 2 de maio. 

3.- LIGAZÓN Á VIDEOCONFERENCIA:

O día anterior ao inicio da xornada enviarase as indicacións para acceder á videoconferencia. 

Calquera dúbida no mail: escolagalegadodeporte@xunta.gal ou nos teléfonos 881996367, 881996365, 881996362. 

Cartel Xornada

PROCESOS ELECTORAIS
LICENZAS
INSCRICIÓN CONCURSOS
EXAMES DE GALOPE