AGAXEDE (Asociación Galega de Xestión Deportiva) colabora coa Deputación de Ourense e co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte, na organización dunha xornada de formación orientada, principalmente, á xestión deportiva de pequenos e medianos municipios.
Este ano, polas circunstancias especiais da COVID-19, o curso caracterízase por ser a distancia (EN LIÑA), ademais de gratuíto. As inscricións deben facerse ANTES DO 18 DE NOVEMBRO, na web de AGAXEDE www.agaxede.org